Moito orgullo

Galicia lidera as candidaturas aos Premios Nacionais de Artesanía

Dá gusto leer este tipo de noticias. Cando un pasa horas no obradoiro loitando por sacar adiante cada peza, ver que o traballo da nosa terra se recoñece fóra é unha alegría enorme.

Xa se coñecen os finalistas dos XIX Premios Nacionais de Artesanía e Galicia é, nada máis e nada menos, a comunidade con máis candidaturas de toda España. Estamos presentes en catro das cinco categorías. Isto non é casualidade: é o reflexo da calidade, do esforzo e do talento que hai aquí dentro.

Queremos felicitar de corazón a todas as compañeiras, compañeiros e entidades que levan o noso oficio ao máis alto:

  • No Premio Producto: Unha aperta moi forte para a familia de Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), finalistas coa súa colección Kyklon, unha vaixela de porcelana sostible pensada para a alta gastronomía. E tamén para a deseñadora e redera Amalia Puga (A Guarda), pola súa colección Saia, unhas lámpadas incribles que levan a cultura do noso mar e o saber facer das rederas ao deseño máis actual.
  • No Premio Emprendemento: Moitos parabéns a Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela). Repite como finalista por segundo ano consecutivo grazas ao seu traballo impecable co feltro. Pura constancia.
  • Premio Promociona (Entidades Privadas): Que dicir da asociación APAMP (Vigo) e a súa marca A Casa Rodante. Fan un traballo enorme unindo a artesanía (cerámica, textil, cestería…) coa inclusión social. Dálle sentido a todo o que facemos.
  • Premio Promociona (Entidades Públicas): E parabéns tamén á Fundación Pública Artesanía de Galicia polo seu programa Aprender da tradición. É unha iniciativa fundamental para que os oficios non se perdan, asegurando o relevo xeracional e coidando disciplinas tan nosas coma a alfarería de Buño, a forxa, a azabachería ou o traballo coas fibras vexetais (Fibranzas).

O fallo do xurado saberase o vindeiro 10 de decembro en Zamora. Pero dá igual o que pase esa noite: para nós o premio xa está na casa.

Grazas por demostrar cada día o valor do feito a man. Moita sorte a todos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A Mariña de hai cen anos, a través da mirada de Ruth Matilda Anderson

Son máis de 5.000 fotografías tomadas durante as súas viaxes por Galicia entre 1924 e 1926, moitas delas inéditas ata agora. Un arquivo excepcional non só pola súa calidade fotográfica, senón porque Anderson tivo a curiosidade de mirar cara a lugares e persoas que poucas veces ocupaban o centro dunha fotografía.

ler máis »
Categorías