Política de Privacidade

1. Responsable do tratamento

  • Entidade: Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña
  • Enderezo: Muiños de Abaixo, 31, 27740 Mondoñedo (Lugo)
  • Correo electrónico: info@artesaniadamariña.com

 

2. Finalidade do tratamento: En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD UE 2016/679), informámoslle de que os datos que vostede facilite a través de formularios de contacto, solicitudes de adhesión de novos obradoiros ou inscricións en actividades formativas («Obradoiros con Corazón») serán tratados coas seguintes finalidades:

Xestionar as solicitudes de información ou consultas enviadas polo usuario.

Tramitar as solicitudes de adhesión e xestionar os membros da entidade, de conformidade cos seus Estatutos.

Xestionar as reservas e inscricións en obradoiros experienciais organizados polos membros, mediante as ferramentas de xestión dispoñibles no sitio web.

Dar cumprimento ás obrigas legais e contables derivadas das actividades da asociación.

3. Base xurídica: A base xurídica para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso do usuario, outorgado ao completar e enviar os formularios ou solicitudes, así como a execución da relación de socio ou da relación precontractual, no caso de novas adhesións de obradoiros e inscricións en actividades.

4. Destinatarios dos datos: Os datos non se cederán a terceiros, agás nos casos en que a lei o exixa. Os datos persoais facilitados non serán obxecto de transferencias internacionais.

5. Prazo de conservación dos datos: Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar de dita finalidade ou do tratamento dos datos, respectando os prazos establecidos pola normativa fiscal e contable.

6. Dereitos do usuario: Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar ou non datos persoais que lle concirnan. Os usuarios teñen dereito a:

Acceder aos seus datos persoais. Solicitar a rectificación dos datos inexactos.

Solicitar a supresión dos datos cando, entre outros motivos, xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.

Solicitar a limitación do tratamento ou opoñerse ao mesmo en determinadas circunstancias. Para exercer estes dereitos, o usuario pode enviar unha comunicación por escrito, acompañada dunha copia do seu documento de identidade, ao enderezo electrónico info@artesaniadamariña.com ou ao seguinte enderezo: Muiños de Abaixo 31, Mondoñedo, 27740, Lugo.

O FAIO DE GENEROSA

Mercado de Nadal no Concello de Xove: O FAIO DE GENEROSA.
Chámase así porque nun faio podemos atopar as cousas máis fermosas e valiosas, e iso é o que queremos que atope quen nos visita.

ler máis »
Categorías