CONDICIÓNS XERAIS DE RESERVA E PARTICIPACIÓN
OBRADOIROS CON CORAZÓN 2026

Entidade organizadora

O programa Obradoiros con Corazón 2026 está organizado pola MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE e a Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña, que reúne diferentes actividades e obradoiros impartidos por profesionais da artesanía en distintos espazos da Mariña.

Datos da entidade responsable:

Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña
CIF: G21800255
Enderezo: Muiños de Abaixo, 31 · 27740 Mondoñedo (Lugo)
Correo electrónico: info@artesaniadamariña.com

Cada actividade conta cunhas condicións específicas de data, horario, duración, lugar de realización, idade mínima ou público ao que vai dirixida e importe da reserva. Estas condicións aparecen indicadas na ficha correspondente de cada actividade e deberán ser consultadas antes de realizar a reserva.

Actividades incluídas no programa

Estas condicións son aplicables ás actividades incluídas no programa Obradoiros con Corazón 2026, promovido pola Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña:

  • 24 de outubro · Regal Cerámica (Viveiro)
    Curso de iniciación á cerámica Rakú · 16:00 h · Reserva: 10 € · Adultos e nenos acompañados dunha persoa adulta.

  • 25 de outubro · Lucía Barro / Serendipia (Ribadeo)
    Creación dun servilletero de cerámica decorado mediante a técnica do esgrafiado · 17:00 h · Reserva: 10 € · A partir de 14 anos.

  • 31 de outubro · Artesanía do Pasatempo (Mondoñedo)
    Kintsugi, a beleza da imperfección · 17:00 h · Reserva: 7 € · Adultos.

  • 1 de novembro · Esquina Atlántica (Mondoñedo)
    Dende as Venus de arxila ata a maxia do torno de oleiro · 17:00 h · Reserva: 10 € · A partir de 12 anos.

  • 7 de novembro · Pura Garra (Viveiro)
    CAOS POÉTICO: Obradoiro de creación de pendentes de madeira con transferencia de imaxes · 11:00 h · Reserva: 7 € · A partir de 12 anos.

  • 8 de novembro · Raíces Nómadas (Ribadeo)
    Coroa de Nadal de macramé · 16:00 h · Reserva: 7 € · A partir de 16 anos.

  • 14 de novembro · Miratú Artesanía (Mondoñedo)
    Volta á la: fiar e dar forma · 17:00 h · Reserva: 7 € · A partir de 8 anos.

  • 15 de novembro · Madeiraman (Ourol)
    Descubrindo as ensamblaxes en madeira · 11:00 h · Reserva: 7 € · Persoas maiores de idade.

  • 15 de novembro · Lucía Catuxo Cerámica (Trabada)
    Enmarcando a creatividade: crea o teu propio marco de cerámica para fotos ou espellos · 16:00 h · Reserva: 10 € · A partir de 10 anos.

As características concretas de cada actividade —duración, lugar exacto de realización, materiais, requisitos de participación e demais información específica— figuran na súa correspondente ficha de reserva.

Ao efectuar unha reserva, a persoa participante acepta estas condicións xerais e as condicións particulares da actividade seleccionada.

Reserva e pagamento

A inscrición realizarase a través do sistema de reservas habilitado para o programa.

Para confirmar a praza será necesario aboar o 100 % do importe da reserva no momento de efectuar a inscrición, mediante TPV virtual (tarxeta de crédito ou débito).

A reserva considérase confirmada unha vez completado correctamente o proceso de pagamento.

O importe da reserva pode variar segundo a actividade, polo que será sempre o indicado na ficha correspondente no momento da inscrición.

Prazas e participación

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de reserva.

Cada actividade pode establecer unha idade mínima ou unhas condicións específicas de participación. No caso das actividades abertas a menores, deberán respectarse as condicións indicadas na ficha da actividade e, cando corresponda, asistir acompañados dunha persoa adulta responsable.

A persoa que realiza a reserva comprométese a facilitar datos correctos e a cumprir as indicacións de seguridade e funcionamento establecidas polo artesán ou artesá responsable da actividade.

Cancelacións con menos de 48 horas de antelación

As cancelacións realizadas con menos de 48 horas de antelación ao inicio da actividade, agás por causa xustificada*, suporán a imposibilidade de participar na seguinte actividade do programa na que a persoa estea inscrita.

En ningún caso se devolverá o importe aboado pola reserva.

Non presentación sen aviso previo

As persoas que non se presenten o día da actividade e non o comuniquen previamente non poderán participar nas seguintes actividades do programa Obradoiros con Corazón 2026 nas que estean inscritas.

Non se devolverá o importe aboado pola reserva.

Causa xustificada

Considerarase causa xustificada un imprevisto grave, como unha enfermidade ou unha situación persoal ou familiar que, de maneira razoable, impida a asistencia.

A Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña poderá solicitar un xustificante formal cando o considere necesario.

Cancelación ou modificación por parte da organización

A organización poderá modificar o horario, lugar ou outras condicións dunha actividade cando existan circunstancias que o fagan necesario.

Se unha actividade tivese que ser cancelada pola organización e non fose posible ofrecer unha alternativa adecuada, devolverase o importe aboado pola reserva.

Desenvolvemento das actividades

As persoas participantes deberán seguir as indicacións do profesional responsable do obradoiro, especialmente cando se empreguen ferramentas, maquinaria, fornos, materiais ou técnicas que requiran medidas específicas de seguridade.

A participación implica un uso responsable dos materiais, ferramentas e instalacións postos á disposición das persoas asistentes.

Nalgunhas actividades, as pezas realizadas deberán permanecer no obradoiro para completar procesos posteriores como secado, cocción, esmaltado ou acabado. Cando sexa así, esta circunstancia indicarase na información da actividade e explicarase ás persoas participantes como e cando poderán recoller as súas pezas.

Imaxes, fotografías e gravacións

Durante as actividades do programa Obradoiros con Corazón 2026 poderán realizarse fotografías e gravacións de vídeo coa finalidade de documentar e difundir as actividades desenvolvidas pola Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña.

As imaxes nas que as persoas participantes sexan identificables poderán ser utilizadas unicamente cando se conte coa correspondente autorización, para a difusión e promoción das actividades da Asociación o da Mancomunidad a través da súas páxina web, redes sociais, publicacións e medios de comunicación.

A autorización para o uso da imaxe é voluntaria e independente da aceptación das condicións de participación. A negativa a autorizar o uso da imaxe non impedirá participar na actividade.

O consentimento poderá retirarse posteriormente contactando coa Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña a través de info@artesaniadamariña.com, sen que a retirada afecte á licitude do tratamento realizado con anterioridade.

Protección de datos

O responsable do tratamento dos datos persoais facilitados durante o proceso de reserva é:

Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña
CIF: G21800255
Muiños de Abaixo, 31 · 27740 Mondoñedo (Lugo)
info@artesaniadamariña.com

Os datos serán tratados coa finalidade de xestionar as reservas, os pagamentos, a participación nas actividades e as comunicacións necesarias para o correcto desenvolvemento do programa.

As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos en materia de protección de datos dirixíndose á Asociación a través do enderezo ou correo electrónico indicados anteriormente.

Aceptación das condicións

A realización dunha reserva implica que a persoa participante declara ter lido e aceptado estas condicións xerais, así como as condicións particulares indicadas na ficha da actividade seleccionada.

Para calquera consulta ou incidencia relacionada cunha reserva pode contactar coa Asociación Profesional de Obradoiros Artesans da Mariña a través de info@artesaniadamariña.com.