Artesanía con raíces

Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña

Representamos, conectamos e impulsamos os obradoiros artesáns da comarca, dándolles visibilidade aos seus oficios e fortalecendo unha rede profesional con identidade, calidade e futuro.

Tamén te buscamos a ti, artesán ou artesá a quen se lle fai costa arriba entrar no mercado e precisas dunha man para saír adiante.

a nosa historia

Quenes somos

Dende 2011, Artesanía da Mariña traballa para conectar obradoiros, fortalecer o sector e crear unha voz compartida para os oficios artesáns da comarca. Tras outros intentos anteriores, a asociación naceu finalmente en 2025 para darlle continuidade a ese impulso, unindo tradición, profesionalización e novas oportunidades de difusión e comercialización

Autenticidade

Oficios de sempre que manteñen a alma do feito á man. Procesos honestos onde a tradición se atreve a explorar, dando vida a pezas únicas, con carácter e sen présa, que gardan o saber de antes e dialogan co presente.

Cooperación

Unha rede aberta a cantos obradoiros queiran sumar, onde a experiencia compartida abre novas oportunidades. Xuntos facemos visíbel a diversidade dos nosos oficios, construíndo un espazo de apoio mutuo, futuro e aprendizaxe.

Sostibilidade

Produción consciente respectuosa cos tempos da materia. Deseños pensados para durar, que fuxen do efémero e apoian a economía local, unindo a sabedoría antiga con miradas actuais para un consumo máis humano.

Territorio

A artesanía como expresión viva da nosa identidade. Mans que transforman os recursos da comarca e manteñen acesa a memoria da Mariña, proxectando a nosa herdanza cara ao mañá.

reserva

obradoiros con corazón

O FAIO DE GENEROSA

Mercado de Nadal no Concello de Xove: O FAIO DE GENEROSA.
Chámase así porque nun faio podemos atopar as cousas máis fermosas e valiosas, e iso é o que queremos que atope quen nos visita.

Ler Maís »

impulsar a artesanía

Impulsamos a colaboración entre obradoiros, a visibilidade dos seus oficios e novas oportunidades de promoción e comercialización. Traballamos para que a tradición siga avanzando desde a autenticidade, a innovación, a sostibilidade e o seu vínculo co territorio. Estes son, por agora, os nosos obradoiros asociados, pero queremos chegar a todos.

Queres

Formar parte da rede?