Obradoiros artesáns no Forte de San Damián Ribadeo

Anotade ben esta data no calendario: o vindeiro 8 de abril, o Forte de San Damián, en Ribadeo, vaise encher de vida, mans artesás e moita paixón polo feito a man.

Dende a Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña organizamos esta xornada, que é, ademais, a nosa primeira actividade pública como colectivo. Nacemos con moita ilusión e cun obxectivo moi claro: facer visible o traballo dos obradoiros da comarca, abrir as portas dos nosos oficios e achegar a nosa forma de crear a toda a veciñanza.

Iste proxecto é o froito do camiño que levamos percorrendo xuntos nos últimos anos grazas a iniciativas como A Mariña Artesá ou Obradoiros con Corazón, que nos serviron para coñecernos, colaborar e dar o paso de unirmos nesta nova asociación. Para esta cita contamos tamén co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia, do Concello de Ribadeo e da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

Que vas atopar en San Damián?

Dende as 11:00 ata as 19:00 horas, o forte vaise transformar nun espazo vivo de aprendizaxe e creación:

  • 12 obradoiros de balde: Poderase aprender e experimentar de primeira man con disciplinas como o kintsugi, a estampación natural, a marroquinería, o torno de alfarero, o modelado en barro ou o traballo coa la. Todos son de balde, guiados por artesáns en activo, e só requiren inscrición previa para organizar os grupos.
  • Zona de exhibición: Se prefires ver como traballamos sen pór as mans na masa, tamén haberá un espazo expositivo onde varios mestres mostrarán o seu oficio en directo, como é o caso da coitelaría tradicional de Rodil (A Pontenova), entre outros compañeiros da comarca.

Esta xornada en Ribadeo forma parte dos Encontros Singulares de Artesanía, unha programación que despois continuará con máis actividades en Lugo e Mondoñedo. Coincide ademais coa celebración dos Días Europeos da Artesanía, un marco perfecto para poñer en valor o impacto cultural, humano e económico que os obradoiros aportamos ao noso territorio.

Toda a información e os detalles dos eventos póderanse consultar na web oficial dos Días Europeos de la Artesanía.

Agardámosvos en San Damián para compartir, aprender e celebrar a artesanía da Mariña como se merece. Vémonos alí!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A Mariña de hai cen anos, a través da mirada de Ruth Matilda Anderson

Son máis de 5.000 fotografías tomadas durante as súas viaxes por Galicia entre 1924 e 1926, moitas delas inéditas ata agora. Un arquivo excepcional non só pola súa calidade fotográfica, senón porque Anderson tivo a curiosidade de mirar cara a lugares e persoas que poucas veces ocupaban o centro dunha fotografía.

ler máis »
Categorías