Nace a Asociación…

LA Mancomunidade de Concellos da Mariña presentou este xoves no Cenima de Foz a Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, un novo colectivo que polo de agora aglutina o 50 % dos artesáns da comarca. Nace para impulsar a promoción e comercialización da artesanía desde o respecto pola tradición e a autenticidade, baixo principios de vinculación co territorio, sustentabilidade, ética profesional e contribución ao turismo cultural do xeodestino.

O xerme do colectivo foi a creación en 2011 dun rexistro de artesáns cuxo obxectivo era situar este sector como un atractivo turístico da zona. Dideron os seus primeiros pasos con Alma de Artesanía, co proxecto Rutas de Artesanía e actualmente con A Mariña Artesá. O proxecto, segundo explican desde a Mancomunidade, foi evolucionando «ata converterse nun produto turístico estruturado e sostible».

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, agradeceu á Xunta e á Deputación o seu apoio a través de convenios anuais de colaboración en turismo e, sobre A Mariña Artesá, asegurou que «é un modelo que non só atrae visitantes, senón que fortalece o noso tecido produtivo, dignifica o traballo artesanal e reforza o orgullo de pertenza».

Público que acudiu ao Cenima á presentación do novo colectivo. Pepa Losada.

Entre outros avances, desde a Mancomunidade repasaron que en 2018, coincidindo coa maior dotación de recursos técnicos, apostouse pola xestión do produto artesán desde o punto de vista eminentemente turístico, dándolle protagonismo ás rutas, xerando propostas máis interactivas e promovendo a vinculación co territorio.

Ao acto acudiron a presidenta da Mancomunidade; o alcalde de Foz e deputado provincial da Área de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto; o representante da nova asociación, Marcelo Scapinachis, e a xefa da área provincial de Turismo da Xunta, Paloma Vázquez.

Arigo publiado na Voz de Galicia
M. CUADRADO FOZ / LA VOZ

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A Mariña de hai cen anos, a través da mirada de Ruth Matilda Anderson

Son máis de 5.000 fotografías tomadas durante as súas viaxes por Galicia entre 1924 e 1926, moitas delas inéditas ata agora. Un arquivo excepcional non só pola súa calidade fotográfica, senón porque Anderson tivo a curiosidade de mirar cara a lugares e persoas que poucas veces ocupaban o centro dunha fotografía.

ler máis »
Categorías