O Concello de Xove está a organizar un Mercado de Nadal, chámase O FAIO DE GENEROSA.
Chámase así porque nun faio, que é como coñecemos aquí o faiado, podemos atopar as cousas máis fermosas, valiosas e importantes, e iso é o que queremos que atope quen nos visita.
É un mercado pequeniño pensado para pór en valor o talento, a creatividade e a ilusión local.
Así naceu, pero agora queremos medrar un pouquiño sen perder o encanto e o caracter íntimo.
Buscamos proxectos pequenos que queiran formar parte desta iniciativa.
O mercado celebrarase os días 12 e 13 de decembro de 2026, dentro da Oficina de Turismo de Xove. A participación nos postos do mercado é gratuíta e o local queda pechado fóra do horario de apertura.
Para ver información doutras edicións: @ofaiodegenerosa.xove
Descarga a Solicitude e Convocatoria.


