A maxia do Rakú
O Rakú é unha técnica cerámica de orixe xaponesa que une a terra, o lume e o aire. Cada peza sae do forno única e irrepetible, chea de cores, texturas e pequenos accidentes que a converten en algo especial.
No noso obradoiro descubrirás a satisfacción de crear coas túas propias mans e de levar a casa unha peza con alma.
Deseña e decora o teu propio servilletero utilizando a técnica do esgrafiado, xogando con texturas, cores e detalles únicos.
Non precisas experiencia previa: só ganas de crear. A actividade está pensada para persoas a partir de 14 anos e inclúe todos os materiais.
Ao finalizar, a túa peza quedará no obradoiro para cocerse e esmaltarse. Poderás recollela máis adiante, lista para usar ou para regalar.
Descubre a arte xaponesa do kintsugi, unha técnica que converte as fisuras e roturas da cerámica en liñas douradas cheas de beleza.
Neste obradoiro aprenderás a reparar e decorar unha peza de cerámica, dándolle unha segunda vida e un carácter totalmente único.
Unha experiencia creada para desconectar, crear coas mans e levar a casa unha peza especial, feita por ti.
Crea coas mans, conecta coa terra
Neste obradoiro explorarás a modelaxe manual e o torno de oleiro, dúas formas de dar vida á arxila a través do movemento e do tacto.
Sen experiencia previa e sen presión: só un espazo para soltar a creatividade, gozar do proceso e crear unha peza única.
As pezas seleccionadas coceranse no noso forno artesanal e poderás recollelas unhas semanas despois.
Un obradoiro onde a intuición manda e os erros se converten en beleza.
Escollerás formas de madeira e imaxes especiais para crear uns pendentes tipo colaxe, únicos e cheos da túa personalidade.
Aprenderás a transferir imaxes, engadir detalles con pintura e rematar e montar a túa peza para levala a casa ese mesmo día.
Dá a benvida ao Nadal coas túas propias mans
Neste obradoiro aprenderás os nós e técnicas básicas do macramé para crear unha coroa de Nadal única, feita por ti.
Unha experiencia relaxante e creativa, pensada tanto para principiantes como para quen queira perfeccionar a súa técnica.
Para maiores de 16 anos, con todos os materiais incluídos.
Da forma á la, crea coas mans
Neste obradoiro traballarás coa la en bruto, fiándoa nunha roca e transformándoa nunha peza única e chea de textura.
Trae pequenos detalles que te inspiren —obxectos naturais, teas ou fíos— para darlle aínda máis personalidade á túa creación.
Ensamblaxes artesanais en madeira
Descubre a técnica tradicional de unir madeira sen cravos e crea a túa propia peza artesanal.
Aprenderás a cortar, montar e traballar con diferentes tipos de madeira, nunha experiencia práctica e accesible para iniciarte na carpintaría.
Ao rematar, levarás a casa o teu traballo rematado.
Dálle forma á túa creatividade e crea un marco de cerámica único, para expoñer unha fotografía ou un pequeno espello.
Decorarás a peza ao teu gusto e aprenderás a traballar a arxila nunha experiencia relaxante e creativa.
Ao rematar, o marco deixará secar e cocerase no forno cerámico. Poderás recollelo uns días despois, listo para usar ou regalar.
Descubre nuestros talleres de artesanía: espacios para aprender, crear y conectar con la tradición. Ofrecemos experiencias prácticas para todos los niveles, guiadas por artesanos de la Mariña.