Desenvolvemento do obradoiro
Inicio e primeira toma de contacto: Explicación sinxela sobre o kintsugi e a idea de realzar as cicatrices do obxecto. Selección da peza ou fragmentación controlada protexida en tea.
Pegado e reconstrución: Mestura da resina, paciencia para encaixar ben as pezas e aliñamento das xuntas.
O toque de ouro: Trazado sobre as liñas de unión, aplicación do pigmento dourado e limpeza da superficie.
Peche: Secado final, retoques e mostra dos traballos rematados.
Materiais e infraestrutura
Aportado polo obradoiro (para cada alumnado): Resina de secado rápido, pigmento dourado, pinceis finos, espátulas, luvas, alcohol e trapos de algodón. Tamén temos pezas de cerámica para quen non traia a súa.
Opción para o asistente: Quen o desexe pode traer de casa unha peza propia de cerámica rota ou que queira reparar (prato, cunca ou cunquiña pequena).