Descrición detallada da actividade: CAOS POÉTICO é un obradoiro no que a intuición leva a batuta, os erros convértense nunha forma de expresión e a peza final vai xurdindo durante o proceso creativo.
Escolle as formas de madeira e crea unha composición.
Elixe entre unha coidada selección de imaxes para combinalas e crear uns pendentes tipo «colaxe» únicos e irrepetibles, que reflictan a túa personalidade.
Prepararemos a madeira, aplicaremos a técnica de transferencia de imaxes, engadiremos detalles con pintura, furaremos as pezas e exploraremos diversas opcións de acabado. Por último, montaremos as pezas para que poidas levar os teus pendentes para a casa ese mesmo día.